2013(e)ko ekainaren 7(a), ostirala

SETE FALARES

Encontro Internacional de Contadores de Historias. Pontevedra,6,7,8 e 9 de xuño de 2013





Xuño converte a Pontevedra nunha vila de conto. Os días 6, 7,8 e 10 celebramos o Encontro Internacional de Contadores de Historias, Sete Falares, unha cita moiespecial para os que gusten de escoitar boas historias e para os que gustan de contalas. Importantes narradores e narradoras de Italia, Portugal, Illas Canarias e Galiza van encher de palabras as prazas, teatros, museos e rúas de Pontevedra durante 4 intensos días. O encontro promete ser toda unha festa da narración oral e está aberto a todos os públicos. Os Sete Falares traen dúos de narradores; rutas de contos e sesións de contos en lugares tan especiais como o CITA, as Ruínas de San Domingos e mesmo a bordo dun barco navegando pola Ría de Pontevedra. Se gustas de escoitar boas historias ou queres que os teus pequenos gocen delas, esta é unha excelente ocasión.






iruzkinik ez:

Argitaratu iruzkina